lunes, 31 de enero de 2022

AXUDAS AO ESTUDO E BOLSAS COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO


 UNIVERSIDADE DE VIGO

EXTRACTO da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se publican as axudas ao estudo propias desta universidade no curso 2021/22.

Obxecto
O obxecto das axudas é atender as necesidades do estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos universitarios oficiais de grao, máster e doutoramento de centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro), que presentan circunstancias económicas ou familiares que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Persoas beneficiarias
Alumando matriculado na Universidade de Vigo en estudos universitarios oficiais de grao, máster e doutoramento de centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 24 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022.

UNIVERSIDADE DE VIGO


Obxecto
Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do estudantado cunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Persoas beneficiarias
Alumando que está matriculado/a en grao ou máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro) no curso 2021/22.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 31 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2022.

AXUDAS ÁS ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN REALIZADAS POR GRUPOS DE PRODUTORES NO MERCADO INTERIOR

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2022 (código de procedemento MR302A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2022 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2022, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Persoas beneficiarias
Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible ás persoas solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS NO ANO 2022


 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2021/22, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato.

Importe
Importe total da convocatoria: 1.020.811,80 euros.
Nº de prazas: 525.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DE APOIO DA ETAPA DE FORMACIÓN POSTDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG, ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN DE GALICIA E NOUTRAS ENTIDADES DO SISTEMA GALEGO DE I+D+i

 

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores que obtiveron recentemente o título de doutor ou doutora para a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo a mellora das súas capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro ou, en casos excepcionais, en centros de I+D+i de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes que propoñan persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías de polo menos 12 meses en EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

Beneficiarios
As universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) radicados en Galicia, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.
Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinalados no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran na data límite de presentación de solicitudes as condicións que se indican no artigo 2 da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG, ORGANISMOS PUBLICOS DE INVESTIGACIÓN E NOUTRAS ENTIDADES DO SISTEMA DE I+D+i DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).


Obxecto
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros.
Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. Tamén ten por obxecto financiar a contratación laboral durante un período de capacitación para a formación posdoutoral dunha duración máxima dun ano de aquelas persoas contratadas predoutorais que obteñan o título de doutora ou doutor antes do inicio do último ano de contrato.
Ademais, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, fináncianse estadías de tres meses de duración no estranxeiro.

Entidades beneficiarias
As universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinalados no parágrafo anterior que se presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran, na data de peche da convocatoria, os requisitos que se indican no artigo 2 da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS A PEMES, AUTÓNOMOS , ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS DE GALICIA Á PREPARACIÓN PARA A REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS TÉXTILES RECOLLIDOS SEPARADAMENTE

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L).

ORDE DO 26 DE XANEIRO DE 2022, PRORROGA E MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDES DE MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de xaneiro de 2022 pola que se prorrogan e se modifican diversas ordes polas que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

viernes, 28 de enero de 2022

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA NOS CENTROS HISTÓRICOS

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2022 as subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

Persoas beneficiarias
1. Poderanse beneficiar destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).
c) Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que estea situada no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13.ter, do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo de 2018).
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse as vivendas novas, as usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.
No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos non sinalados no parágrafo anterior, o prezo de adquisición non poderá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia, computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da citada solicitude, salvo que a vivenda vaia ser obxecto de rehabilitación. Neste caso, deberanse empadroar nela no momento da finalización das citadas obras.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
g) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.
2. Tamén poderán ser persoas beneficiarias destas axudas aquelas persoas que presentasen unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en centros históricos ao abeiro da Resolución do 25 de febreiro de 2021 e lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto na convocatoria. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados neste ordinal, excepto o referido á data de adquisición da vivenda.
3. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR349F).

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Prazo de presentación de solicitudes
a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes.
b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2022, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E Á FORMACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR342C e TR342A).

Programa I de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán os incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
4. Incentivos á formación (opcional) dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio deste programa, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade.

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2022.

Programa II de emprego con apoio (código de procedemento TR342A).

Obxecto
Este programa ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral, favorecendo a súa integración en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a implementación de accións de emprego con apoio.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2022.

SUBVENCIÓNS AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTUTAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS ÁS ENTIDADE GALEGAS NO EXTERIOR, 2022

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento PR924C).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, ás entidades galegas no exterior, para a realización dos seguintes programas (código de procedemento PR924C):
– Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2022.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade. No caso de federacións de comunidades e/ou entidades, deben contar con local social diferenciado do das entidades asociadas.
2. Para os efectos do previsto no artigo 10.2.f) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dada a natureza das subvencións reguladas na presente convocatoria e que as beneficiarias son entidades galegas sen fin de lucro, quedan exceptuadas da prohibición de recibir as ditas axudas as entidades que teñan a residencia fiscal nos territorios identificados regulamentariamente como paraísos fiscais, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos para acceder á condición de beneficiarias da subvención de que se trate.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

ORDE DO 27 DE XANEIRO DE 2022, MODIFICACIÓN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS, O NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA E O NOVO PLAN DE LECER NOCTURNO DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.


jueves, 27 de enero de 2022

AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO, DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL 2022

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022. O seu código de procedemento é MR331A.
En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:
a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.
b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais dos beneficiarios regulados no punto 1, os axentes cooperantes, podendo adquirir tal condición as seguintes entidades:
a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades (ambas as dúas sen ánimo de lucro) dedicadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura, así como á transformación do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación.
c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais.
e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

13º PREMIOS AO DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo terceira edición (código de procedemento MR709A).

Obxecto
Fomentar actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

Beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Outros datos
Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

AXUDAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2022 (código de procedemento TR852A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (procedemento TR852A).

Beneficiarias
Na liña 1:
As asociacións sindicais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións empresariais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Na liña 2:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomos/as rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

OEP 2022 DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS REGULADAS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

DECRETO 5/2022, do 20 de xaneiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022.

Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes
Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición
O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxa de reposición é de 927.

Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición distribuída por corpos
Corpo de mestres: 298.
Corpo de profesores de ensino secundario: 577.
Corpo subgrupo A2 que teña as competencias para impartir módulos profesionais da formación profesional: 27.
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 25.

Prazas de promoción interna
Ademais das prazas de reposición de efectivos a que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de promoción interna:
Acceso ao corpo de inspectores de educación: 10.
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 87.

Reserva para persoas con discapacidade
Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. A distribución da dita reserva por especialidades efectuarase na convocatoria das probas selectivas. No suposto de que algunha persoa aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva superase a proba e non obtivese praza na citada quenda, sendo a súa puntuación superior á obtida por outro persoal aspirante do sistema de ingreso ou de acceso, será incluído ou incluído pola súa orde de puntuación no sistema que proceda.

Acumulación das prazas
1. As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de discapacidade polo sistema de ingreso libre acumularanse ás convocadas no dito sistema, na correspondente especialidade.
2. As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de discapacidade polo sistema de acceso acumularanse ás prazas convocadas polo dito sistema, cando sexa o caso, na correspondente especialidade.
3. As prazas que, se é o caso, quedan vacantes dos sistemas de acceso non se acumularán ás prazas do sistema de ingreso libre.

Acumulación das prazas coa oferta de emprego aprobada polo Decreto 84/2021, do 12 de maio
As prazas correspondentes a esta oferta de emprego acumularanse coas correspondentes á oferta de emprego aprobada polo Decreto 84/2021, do 12 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Non superación do número máximo de prazas convocadas
Os tribunais non poderán declarar que superou as fases de oposición e concurso un número superior ao de prazas que lle sexan asignadas. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, se for o caso, a través da estimación de recursos, non poderá declarar que superou as fases de oposición e concurso polo sistema de ingreso libre un número superior ao conxunto de prazas convocadas relativas á taxa de reposición.

AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE 2022

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809D).


miércoles, 26 de enero de 2022

CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O ANO 2022 DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL EN DETERMINADAS UNIDADES DE COMPETENCIA DO CATÁLOGO NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2022 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2022, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento TR305A), preferentemente para persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores a súa data de baixa nas Forzas Armadas (FAS), cun total de 460 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 1.600 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
– Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC0080_2. Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.
• UC0081_2. Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.
• UC0082_2. Efectuar a vixilancia e protección de fábricas, depósitos e transporte de explosivos, armas, cartucharía e substancias perigosas.
– Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC0360_2. Colaborar na organización e no desenvolvemento da loxística sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes, asegurando o abastecemento e a xestión de recursos e apoiando os labores de coordinación en situacións de crise.
• UC0361_2. Prestar atención sanitaria inicial a múltiples vítimas.
• UC0362_2. Colaborar na preparación e na execución de plans de emerxencias e de dispositivos de risco previsible.
• UC0072_2. Aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise.
– Amarre de porto e monoboias ( MAP404_1) e unha unidade de competencia UC0010_1: 50 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC1308_1. Realizar as operacións de amarre e desamarre de buques en porto.
• UC1309_1. Realizar as operacións de amarre, conexión/desconexión de mangueiras e desamarre de buques a monoboias.
• UC0733_1. Actuar en emerxencias marítimas e aplicar as normas de seguridade no traballo.
• UC0010_1. Contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira.
2. Tamén se poderá inscribir o persoal civil para acceder ao procedemento no caso de quedaren prazas vacantes non cubertas polo persoal militar.
3. Poderán ampliarse a outras cualificacións profesionais completas ou parciais as unidades de competencias convocadas e, para eses efectos, publicaranse polos mesmos medios que a presente convocatoria coa apertura de prazo para presentar solicitudes ás novas unidades convocadas.

Unidades de competencia convocadas
1. As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade son as recollidas no anexo I desta orde. No anexo I recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, incluído o número de prazas en cada unidade de competencia, e con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade que recollen estas unidades de competencia.
2. No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o número de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificacións poderá asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificacións profesionais das convocadas.

Sedes do procedemento
Os lugares que serán sede do procedemento son os establecidos no anexo II. A fase de asesoramento, así como a fase de avaliación, poderán desenvolverse noutros centros de traballo ou noutras instalacións distintas ás que figuran neste anexo II, o que se lles comunicará ás persoas candidatas coa suficiente antelación.

Puntos de información
1. A Consellería de Emprego e Igualdade garantirá un servizo aberto e permanente a todas as persoas interesadas en obter unha acreditación oficial da súa competencia profesional, que lles facilite orientación e información xeral sobre o procedemento, sobre a documentación que deberán presentar, requisitos de acceso, lugares e datas de presentación de solicitudes.
2. Nesta convocatoria, a información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

Requisitos de participación no procedemento
1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os requisitos sinalados no artigo 11 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, coas modificacións introducidas polo Real decreto 143/2021, do 9 de marzo.
a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluídas, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titulares dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de nivel 1, e 20 anos cumpridos para unidades de competencia de niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
c.1) No caso de experiencia laboral xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria para unidades de competencia de nivel 2 e 3. Para as unidades de competencia de nivel 1, requirirase xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 15 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
c.2) No caso de formación non formal para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, deberanse xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 1, deberanse xustificar polo menos 200 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas neles.
d) Non estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicitan.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicitan, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicitan.
f) Non estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicitan.
g) Con respecto ao persoal militar, deberá cumprir o seguinte requisito: ser militar cunha relación de servizos de carácter temporal, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores á súa data de baixa nas Forzas Armadas (FAS), en unidades, centros ou organismos do Ministerio de Defensa.
2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.
Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral de Formación e Colocación designará os asesores e asesoras necesarios, que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

Presentación de solicitudes
1. As persoas interesadas en inscribirse nas cualificacións profesionais obxecto desta convocatoria deberán presentar a solicitude no modelo que figura no anexo III desta orde.
2. As persoas que xa presentasen documentación en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de emprego, nas cualificacións profesionais recollidas nesta convocatoria, non terán que achegar a documentación presentada anteriormente. Non obstante, deberán presentar obrigatoriamente solicitude de inscrición segundo o modelo que figura como anexo III desta orde, e poderán achegar nova documentación que complete e/ou actualice a súa experiencia laboral ou a súa formación non formal.
3. Na solicitude consignaranse as unidades de competencia para as cales se solicita a súa inscrición no procedemento. As persoas interesadas só poderán realizar unha única solicitude de inscrición e en unidades de competencia que pertenzan á mesma cualificación profesional, coa excepción da unidade de competencia UC0010_1, que poderá ser solicitada xunto coas unidades de competencia da cualificación profesional de Amarre de porto e monoboias (MAP404_1).
4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
En caso de enviarse por correo no encabezamento da primeira folla da solicitude de inscrición, deberá figurar o selo de correos, para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia da documentación que se precise.

Prazos de inscrición no procedemento
1. O prazo de inscrición será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Criterios de prioridade na admisión das persoas ao procedemento
1. No caso de que haxa un número de solicitudes maior que prazas convocadas, estas ordenaranse aplicando, de forma sucesiva, os seguintes criterios:
a) Persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores á súa data de baixa nas Forzas Armadas (FAS) e ter acreditada por calquera vía algunha unidade de competencia incluída na cualificación profesional que se pretende obter.
b) Persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores á súa data de baixa nas Forzas Armadas (FAS).
c) Persoal civil que acreditase por calquera vía algunha unidade de competencia incluída na cualificación profesional que se pretende obter.
d) Persoal civil.
2. Á hora de aplicar cada un dos criterios anteriores, no caso de que o número de persoas que cumpra os requisitos establecidos supere o número de prazas, serán admitidas para participar no procedemento as persoas que obteñan maior puntuación, ata o número de prazas establecido na convocatoria, de acordo cos criterios que se establecen no baremo que figura no anexo II desta orde.

AXUDAS AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL) E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa subvenciónanselles parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social que teñan contratacións mínimas de seis (6) meses.

Entidades beneficiarias
1. As empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda solicitasen a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2022. Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 8 de novembro de 2022.

martes, 25 de enero de 2022

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PAQUETES E PROPOSTAS AUDIOVISUAIS QUE FAVOREZAN A RE

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207H).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).
Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dous meses desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS 2022

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A).

Obxecto
Regular o procedemento de concesión das axudas que xestionará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 destinadas a:
a) Adquirir maquinaria e equipamento co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.
b) Pór en marcha novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.
Para estes efectos, o día da publicación no DOG da correspondente convocatoria de axudas estará dispoñible, no enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda, a relación de aldeas modelo declaradas polos correspondentes acordos do Consello de Dirección da Axencia, ao abeiro da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ben ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.
As axudas concedidas están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes países e territorios de América: Ecuador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, Xamaica, Aruba, Bermudas, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estados Unidos, Illas Caimán, Curaçao, Groenlandia, Porto Rico, San Martiño e Bonaire San Eustaquio e Saba.

c) Nos seguintes países e territorios de Asia: Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Mianmar, Nepal, Paquistán, Siria, Iemen e Israel.

d) Nos seguintes países e territorios de Europa: Kósovo, Dinamarca, Andorra, Chipre, Illas Feroe, Francia, Xibraltar, Grecia, Guernesei, Islandia, Irlanda, Illa de Man, Xersei, Luxemburgo, Mónaco, Montenegro, Portugal, San Mariño, Eslovenia e Suíza.

e) Nos seguintes países e territorios de Oceanía: Australia.

f) En todas as comunidades e cidades autónomas de España excepto: Andalucía, Balears, Canarias, Castilla-La Mancha, Comunidade Valenciana e Madrid.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

lunes, 24 de enero de 2022

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 17 AO 23 DE XANEIRO


  

Estou farta

xuventude.xunta.es

Carta de Alba Quintas de Ourense, publicada o domingo 16 de xaneiro na sección cartas ao director do xornal A Voz de Galicia: "O meu nome &eacu...

1 m2 polos ríos, encoros e pantanos 2022

xuventude.xunta.es

Proxecto Libera abre unha convocatoria para recoller datos en 1 m2 polos ríos, encoros e pantanos. Este é o quinto ano de vida do proxec...

 

Vaste a examinar da ABAU?

xuventude.xunta.es

A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, publica os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materia...

Pequefilmes

xuventude.xunta.es

Volve o mellor cine miúdo á Cidade da Cultura coa sexta edición de Pequefilmes. O festival de curtametraxes infantís conso...

 

O mellor graffiti do mundo

xuventude.xunta.es

Diego As, Lula Goce, Mon Devane e Sokram. Estes son os catro grafiteiros/a nomeados/a aos Best Street Art 2021 con algunha das súas creaci&oacu...

Clase maxistral para alumnAs de bacharelato polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

xuventude.xunta.es

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organiza a terceira edición da Masterclass de Física de Part&iacute...

 

Proxector: audiovisuais en galego para a docencia

xuventude.xunta.es

Proxector: audiovisuais en galego para a docencia é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan d...

Calendario Científico Escolar 2022

xuventude.xunta.es

O proxecto “Calendario Científico Escolar 2022” consistiu na elaboración dun calendario dirixido ao alumnado de educaci&oacu...


 

 

 


 

 



 

ESPAZO XOVE

Últimos días:

 



OMIX


 


 

 

 

 




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico