martes, 10 de noviembre de 2026

DIXITALIZACIÓN DE SERVIZOS TÉCNICOS DAS COOPERATIVAS

 


Achégase un período de cambios técnicos e normativos que tocarán de cheo aos servizos técnicos que ofrecen as cooperativas.

Novos requirimentos da PAC e do rexistro de explotacións, a fertilización sustentable e a obrigatoriedade do caderno dixital de explotación a partir do 1 de xaneiro de 2027 son só algúns dos retos que se tratarán o 19 de novembro na xornada online 'Dixitalización dos servizos técnicos das cooperativas. Datos, clima, fertilización e caderno dixital', con especialistas que proporán solucións e apoios baseados na dixitalización.

🖲️ Do dato ao asesoramento: intelixencia artificial, big data e internet das cousas para os servizos técnicos do sector agroalimentario
🗺️ Folla de ruta agraria 2026-2028. Novas necesidades da persoa socia e esixencias regulatorias: o caderno dixital, o REA e os novos requirimentos da PAC
🗨️ Mesa redonda sobre 'servizos técnicos que demandan hoxe as persoas socias' e coloquio sobre 'prioridades dos servizos técnicos para 2027'
🖥️🌱 Cadros de mando de fertilización: a ferramenta definitiva para o asesoramento técnico
📱O C3 na práctica: cuestións operativas

📆 19/11/2026 
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/XxkYf4YFSKCox-8W56PZzw#/registration

➕ Máis información: 🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.

 


martes, 3 de noviembre de 2026

AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E GRAO MEDIO

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 22 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915 no curso 2026/27 (código de procedemento ED322B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva as axudas económicas para a realización de mobilidades de alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de formación profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915 establecidos no punto sexto, anexo I (código de procedemento ED322B).

Persoas beneficiarias
Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
Estar matriculadas durante o curso 2026/27 nun ciclo formativo de grao básico ou grao medio de formación profesional ou nun curso de especialización de formación profesional de grao medio, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, e estar en condicións de realizar un período de formación en empresa antes do comezo da mobilidade.
Ter obtido unha titulación de grao básico ou grao medio de formación profesional ou certificado dun curso de especialización de formación profesional de grao medio nalgún dos centros educativos que se relacionan no punto sexto, anexo I, durante os 12 meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.

Prazo de execución das mobilidades
A data de finalización das mobilidades financiadas ao abeiro desta convocatoria non poderá ser posterior á data de finalización ampliada do proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915, isto é, o 31 de maio de 2027.

jueves, 29 de octubre de 2026

AXUDA FINANCEIRA DIRECTA DE EMERXENCIA ÁS PERSOAS AGRICULTORAS AFECTADAS POLO SOBRECUSTO DOS FERTILIZANTES E DA ENERXÍA COMO CONSECUENCIA DA CRISE EN ORIENTE PRÓXIMO

 Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 pola que se establece o procedemento para a concesión dunha axuda financeira directa de emerxencia destinada ás persoas agricultoras afectadas polo sobrecusto dos fertilizantes e da enerxía como consecuencia da crise en Oriente Próximo, ao abeiro do Regulamento de execución (UE) 2026/1894 da Comisión, do 27 de xullo de 2026 (código de procedemento MR243A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer o procedemento de concesión directa dunha axuda financeira de emerxencia destinada a compensar parcialmente os sobrecustos de produción soportados polas explotacións agrarias como consecuencia do aumento dos prezos dos fertilizantes e, se é o caso, do gasóleo, derivado da crise en Oriente Próximo, producido a partir do 1 de marzo de 2026, data de inicio do conflito.
2. A axuda terá carácter compensatorio e estará destinada a contribuír ao mantemento da viabilidade económica das explotacións beneficiarias, sen que en ningún caso poida producir unha sobrecompensación das perdas económicas sufridas.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas agricultoras que cumpran simultaneamente os seguintes requisitos:
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos comúns:
a) Ser titulares dunha explotación agraria situada total ou parcialmente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Exercer unha actividade agraria baixo o seu control efectivo, consonte o estipulado no Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, obter os beneficios derivados dela e asumir o risco empresarial correspondente.
c) Ter presentado en Galicia a solicitude única da política agrícola común (PAC) correspondente á campaña 2026.
d) Cumprir os demais requisitos establecidos nesta resolución e non ter creado artificialmente as condicións exixidas para obter a axuda.
2. Ademais dos requisitos comúns establecidos no número anterior, aplicaranse condicións segundo a tipoloxía da persoa ou entidade beneficiaria

Prazo de presentación das comunicacións de aceptación das axudas
O prazo de presentación da comunicación da aceptación da axuda será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.