jueves, 30 de mayo de 2013

AXUDAS ÁS INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN


 Proxectos obxecto de apoio1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido ás iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:
a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
b) Realización en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
c) Realización en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.
O alcance internacional do evento proposto será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores, no caso de congresos, ou de asistentes e expositores, no caso de eventos expositivos, sen que poidan, por tanto, seren considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.
1.2. Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica e financeira.
1.3. Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 1.000 €.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xullo de 2013

AXUDAS A PROXECTOS DE CREACIÓN E INVESTIMENTOS DE PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Proxectos subvencionablesSerán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os equisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:
a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 30 de outubro de 2013.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL


Obxecto1.1. Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, inclusión social e, especificamente, en favor da inclusión social da poboación inmigrante.
Estas actuacións comprenden a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e o desenvolvemento de programas de servizos sociais comunitarios, de inclusión social e en favor da poboación inmigrante.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xuño.

lunes, 27 de mayo de 2013

C.ERROS SUBV. A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA E SERVIZOS PARA O 2013

AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais que sexan pemes, pero non teñan a condición de microempresa, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.
2. Estas axudas ampáranse no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014,  en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, así como no Decreto 432/2009, do 11 de decembro, que regula as axudas rexionais ao investimento e ao emprego e a favor do ambiente na Comunidade Autónoma de Galicia en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE, excepto as axudas aos conceptos indicados no artigo 2.2.b) 3º, que se ampararán no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28.12.2006).
Prazo de solicitude: ata o 27 de xuño.

PLAN RE-COMERCIA 2013

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto e réxime da subvención:  As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a incentivación da demanda comercial.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28.12.2006).
Actuacións subvencionables.A incentivación da demanda comercial e do consumo que facilite o desenvolvemento e a mellora da actividade comercial levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de:
a) Campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas que deberán presentarse dentro dun proxecto de incentivación ao consumo no cal se amose a participación directa das asociacións de comerciantes integrantes na entidade beneficiaria ou dos establecementos comerciais asociados, de ser o caso.
b) Actuacións relacionadas coa utilización dos locais baleiros nos centros urbanos das poboacións ligados ao seu aproveitamento polo comercio local.
Prazo de solicitude: ata o 24 de xuño.

AXUDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Obxecto, réxime e finalidade1. O obxecto desta orde é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2013.
2. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Prazo de solicitude: ata o 30 de novembro.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS


Obxecto e réxime das axudas1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Nestas bases reguladoras establecese unha axuda para facer fronte de maneira xenérica á situación derivada do retorno e outra axuda destinada especificamente para os seguintes gastos: traslado de enxoval, gastos da viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos. Estas dúas axudas son compatibles entre si.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e con base no disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamentoda Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios/as1. Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as seguintes persoas:
a) Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa n Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.
b) Os familiares das persoas indicadas na alínea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e arentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.
2. Os/as anteditos /as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2013.

BOLSAS PARA PROGRAMAS DE MOBILIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Obxecto da convocatoria: Convócanse 98 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.
Dotación da bolsa:1. A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno beneficiario co obxecto de axudar a financiar os gastos ocasionados pola mobilidade.
2. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, de conformidade co artigo 17 punto 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 29 de xuño.

AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2013


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas económicas destinadas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión radicadas en Galicia para o ano 2013, de acordo coas súas bases reguladoras aprobadas mediante a Resolución do 16 de maio de 2012, da Secretaria Xeral de Medios (DOG núm. 97, do 23 de maio).
Prazo solicitude: ata o 22 de xuño.

C.ERROS.- SUBVENCIÓNS DE ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA VÍA SATELITE

C.ERROS. BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

jueves, 23 de mayo de 2013

VIII FEIRA DA EMPANADA

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA


Obxecto: Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e de servizos, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
Prazo de solicitude: o prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que publiquen as presentes bases no DOG.

CONVOCATORIA DE PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

 O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA RE-EXPORT 2013

AXUDAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións  polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais en Galicia, correspondentes ao exercicio de 2013, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.
A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de solicitude: ata o 15 de xuño.

CONCURSOS DE CATA

SUBVENCIÓNS PARA EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS


Obxecto:1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dotación de equipamentos ás empresas de servizos turísticos complementarios.
2. Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución o equipamento para a práctica de actividades deportivas e de lecer: bicicletas, piraguas, embarcacións, material de golf, sendeirismo, hípica, material náutico, escalada...).
Prazo de solicitude: ata o 13 de xuño.


SUBVENCIÓNS ÁS AXENCIAS DE VIAXES


Obxecto: regular a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción e comercialización do destino Galicia a través do deseño de paquetes turísticos especializados na promoción e comercialización de produtos cabeceira da marca turística de Galicia.
2. Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013.
3. Os proxectos subvencionables consistirán no deseño de paquetes turísticos especializados na promoción e comercialización dos produtos cabeceira da marca turística de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 13 de Xuño.


AXUDAS Á OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE B

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para  a obtención do permiso de condución clase B por parte dos/as mozos/as residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
Prazo de solicitude: ata o 1 de outubro, salvo o esgotamento anterior do crédito orzamentario.

viernes, 10 de mayo de 2013

SUBVECCIÓN DE ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA VÍA SATÉLITE

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Obxecto:
a) Aprobar as bases reguladoras das subvencións para novas conexións á internet de anda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional no medio rural, que se xuntan a esta resolución como anexo I.
b) Aprobar as bases reguladoras para seleccionar as entidades colaboradoras na xestión das subvencións para novas conexións á internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional no medio rural, que se xuntan a esta resolución como anexo II.
c) Aprobar os formularios para xestionar esta convocatoria, que se xuntan a esta resolución como anexo III, para solicitantes de axuda, e como anexo IV para entidades colaboradoras.
d) Convocar para o ano 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para novas conexións á internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional no medio rural, cofinanciadas co Feader.
Prazo para presentar as solicitudes e a documentación xustificativaa) O prazo inicial para que as entidades colaboradoras presenten as solicitudes para a obtención da cualidade de entidades colaboradoras é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo do disposto no artigo 7.b) das bases reguladoras recollidas no anexo II.
b) O prazo para presentar as solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras adheridas e remata o 30 de setembro de 2013.
c) O prazo para que as entidades colaboradoras presenten a documentación xustificativa dos gastos subvencionados remata o 31 de outubro de 2013.

AXUDAS PARA FOMENTO DE CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS


Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e convocalas para o ano 2013, para os seguros incluídos no Plan de seguros agrarios  combinados para o exercicio 2013, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Beneficiarios: os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2013 e liñas gandeiras dos plans 2012 e 2013, formalizadas en 2013, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Entrada en vigor: a partir do 10 de maio.

AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013.
Beneficiarios: Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2012. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.
Prazo de solicitude: ata o 10 de Xuño.

miércoles, 8 de mayo de 2013

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRIVADAS PARA INCENTIVAR O TURISMO

Obxecto:1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para a mellora das infraestruturas de hoteis grupo I, albergues turísticos, empresas e servizos turísticos complementarios e restaurantes.
2. Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013.
Beneficiarios:1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantíl ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizada ou clasificada, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os anteditos beneficiarios deben estar comprendidos na definición de pequena e mediana
empresa (peme).
Prazo de solicitude: ata 8 de xuño

SUBVENCIÓN PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Obxecto: 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao presente ano e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades
de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios que conten coa clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos da definición de pequena ou mediana empresa (peme).
Prazo de solicitude: ata o 8 de xuño

BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria.
Beneficiarios: Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.
d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de solicitude: ata o 8 de xuño

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2013 as subvencións previstas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.
Prazo de solicitude: ata o 14 de xuño.

Máis Información: Bases Reguladoras

martes, 7 de mayo de 2013

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS


Obxecto das subvencións: As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.
Beneficiarios: Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que acrediten coa solicitude de axuda o cumprimento dos seguintes requisitos:
1º. Ter domicilio e/ou alta fiscal dentro do territorio rural galego, entendendo por tal o descrito no artigo 2.b).
2º. Dispor de menos de 10 traballadores no cadro de persoal, incluindo os de alta no Réxime xeral da Seguridade Social e os que deban estar no Réxime especial de traballadores autónomos, e non superar os 2 millóns de euros para o volume de negocio anual ouo balance xeral anual, isto é, débese cumprir coa condición de microempresa segundo a normativa comunitaria (Regulamento (CE) 800/2008).
3º. Dispor de contrato de conexión a internet de alta capacidade ou estar en condicións de dispor de conexión antes da data límite de xustificación da subvención.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño.

AXUDAS ÓS INVESTIMENTOS EN MATERIA AMBIENTAL


Obxecto e finalidade: regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer pública para o ano 2013, a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental que se describen no artigo 4.
 Beneficiarios:Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, individualmente ou en colaboración con outra/s, cumpran os seguintes requisitos:
– Estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude.
– Axustarse á definición comunitaria de pequena e mediana empresa establecida no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214/3, do 9 de agosto de 2008). Segundo o establecido nesta disposición, empresa é toda entidade que, independentemente da súa forma xurídica, exerce unha actividade económica. Enténdese por actividade económica, segundo a terminoloxía comunitaria, a oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado.
– Ter o domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e ser neste mesmo ámbito territorial onde se desenvolva ou materialice o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
– No caso de que o proxecto o requira, a entidade solicitante deberá dispoñer en réxime de propiedade dunha infraestrutura física adecuada para o tipo de actuación que se propoña respecto dela.
Sempre que se cumpran os requisitos anteriores, poderán ser destinatarios destas axudas, en particular, as seguintes entidades:
– As asociacións e fundacións
– Os sindicatos e asociacións profesionais e empresariais.
– Os clústers empresariais galegos.
– Os centros tecnolóxicos.
– As cooperativas sen ánimo de lucro.
– Outras que, aínda carecendo de personalidade xurídica, se axusten aos requisitos
sinalados.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño

AXUDAS PARA PREVENCIÓN, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Obxecto e finalidade: regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer pública para o ano 2013 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Beneficiarios: Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no cal desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
En particular, para a realización de estudos de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarias unicamente as Pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, estean incluídas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo).
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño.

lunes, 6 de mayo de 2013

INDEMNIZACIONS E AXUDAS DE COMPENSACIÓN EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN.


Obxecto:establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2013:
a) As indemnizacións, para as distintas especies animais, a que teñen dereito os titulares rexistrados en Galicia, de animais e/ou produtos sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, ou como consecuencia de actuacións, tratamentos ou manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, realizadas no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
b) As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levadas a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
c) As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de morte dos animais desas especies producidos nestes marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

viernes, 3 de mayo de 2013

AXUDAS PARA A MELLORA DA CALIDADE DO LEITE CRU

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva para a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías dedicadas á produción láctea procedente de vacún, ovino e cabrún, e a súa certificación externa. As guías que se implantarán serán as publicadas na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:
http://www.magrama.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-e-higiene-ganadera/INLAC_tcm7-5982.pdf
Beneficiarios: poderán ser beneficiarios destas axudas as centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre os seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e as asociacións de produtores de leite (en diante «entidades»), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 15.3 do Regulamento (CE) nº 1857/2006 da Comisión,
Prazo de solicitude: ata o 3 de xuño.

CORRECCCIÓN APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA