viernes, 14 de septiembre de 2012

INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS PERSOAS COTITULARES E TITULARES DE



Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 24 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o an o 2012.

Obxecto: Establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social; e proceder a súa convocatoria para o ano 2012.
A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.
Prazo de presentación:  01/09/2012 - 01/10/2012

SOLICITUDE

 

PROGRAMA DE INCENTIVOS A EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)



Obxecto: Establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2012, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
Tipos de axuda1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:
a) A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
b) A contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.
c) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
d) A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
e) A formalización de préstamos con entidades financeiras.
f) A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.
g) O inicio e posta en marcha da actividade.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda:
a) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
b) Axudas para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas.
Poderán solicitar e ser beneficiciarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non poderá procederse ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.
Prazo de presentación:  08/09/2012 - 08/10/2012

SOLICITUDE


martes, 4 de septiembre de 2012

PRAZAS DE COLABORADORES BOLSEIROS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de agosto de 2012 pola que se fai pública a convocatoria de trinta prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Obxecto: Convócanse 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centro residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, dependentes da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da forma que a seguir se relaciona:
CRD A Coruña: 18 prazas.
CRD Ourense: 6 prazas.
CRD Vigo: 6 prazas.
2. A duración da praza concedida comprenderá o período correspondente ao curso escolar 2012/13.
O beneficiario da praza de bolseiro non poderá realizar, mentres a desfrute, ningún tipo de traballo remunerado, aínda que poderá facela compatible con outras axudas.
Beneficiarios: Alumnos dun centro oficial universitario.
Prazo de presentación:  04/09/2012 - 03/10/2012