jueves, 5 de marzo de 2026

CORRECCIÓN DE ERROS.-APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E A GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL.

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).

BOLSAS PARA REALIZAR PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ESTUDANTADO DAS TITULACIÓNS DO CAMPUS AUGA CURSO 2025/26

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se convocan bolsas para realizar prácticas académicas externas do estudantado das titulacións do Campus Auga para o curso 2025/26.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é potenciar a empregabilidade do estudantado das titulacións do Campus Auga a través das prácticas remuneradas en empresas.

Persoas beneficiarias
Será beneficiario o alumnado que está matriculado en estudos de grao ou máster universitario das titulacións do Campus Auga de Ourense no curso 2025/26.

Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de catorce mil euros (14.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 26 de febreiro ata o 12 de marzo de 2026.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN, MEDIACIÓN, ASESORAMENTO E ASISTENCIA Á CIDADANÍA EN MATERIA DE CONSUMO

 Instituto Galego do Consumo e da Competencia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca e se regula, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2026, a concesión de axudas ás organizacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións de información, mediación, asesoramento e asistencia á cidadanía en materia de consumo (código de procedemento CO400H).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DA LIÑA 1. PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da liña 1 da aplicación 14.02.322C.472.0, proxecto 2023 102, relativo ao Programa de promoción do emprego autónomo, previsto na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2025 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro) (código de procedemento TR341D).

LEI 2/2026, DO 27 DE FEBREIRO, DE MEDIDA EXCEPCIONAL DE CARÁCTER FISCAL

Presidencia da Xunta de Galicia

LEI 2/2026, do 27 de febreiro, de medida excepcional de carácter fiscal.

AXUDAS DO PROGRAMA FOGAR VIVO

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto:
a) Establecer as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (en diante, o Programa), que se tramitarán cos códigos de procedemento VI426F e VI426H.
b) Establecer o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento, tanto a través de axentes inmobiliarios como a través dos concellos colaboradores.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2026, con carácter plurianual.

Axudas do Programa
O Programa establece as seguintes axudas:
a) Unha axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.
b) Unha axuda para a adecuación e a reparación da vivenda.
c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para a adecuación e a reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a persoas menores de 36 anos ou con fillos/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse das axudas do Programa:
a) As persoas físicas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas.
b) As persoas xurídicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, incluíndo as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará unha vez transcorridos cinco días hábiles desde a publicación da resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.
O prazo rematará o 3 de xuño de 2026 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, o cal será comunicado por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que será publicada no DOG.
2. As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do 3 de xuño de 2026. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
3. As solicitudes presentadas fóra do prazo e do horario indicado serán inadmitidas.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES E DOUTORAS DAS UNIVERSIDADES DO SUG EN EMPRESAS E CENTROS DE INNOVACIÓN E TECNOLOXÍA, PROGRAMA DOUTORAMENTOS INDUSTRIAIS 2026

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026 (código de procedemento IN606D).

Obxecto
1. Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, programa Doutoramentos industriais, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código do procedemento administrativo IN606D.
O programa Doutoramentos industriais ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas e centros de innovación e tecnoloxía que os contraten e que lles permita obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e, desta maneira, abrirlles novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
2. As axudas concedidas ás empresas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
3. Os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i conforme o establecido no número 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As empresas e os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que estean validamente constituídos, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e conten cun ano de antigüidade mínima no momento da presentación da solicitude de axuda, que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizar un proxecto de doutoramento industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
Segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica.
Os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma son aqueles que figuran inscritos (ou teñen resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
b) As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.