viernes, 6 de noviembre de 2020

PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, para a anualidade 2021, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 16.2 do Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta resolución:
a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Prazo de presentación de solicitudes
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 2 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DA HABILITACIÓN DO PERSOAL DO CONTROL DE ACCESO Á ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES CREATIVAS

 ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR473B).

Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
Os códigos dos procedementos regulados son PR473A e PR473B.

Requisitos de participación
1. Poderán participar nas probas aquelas persoas que obtivesen acreditación con anterioridade para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
2. Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:
a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
b) Carecer de antecedentes penais.
c) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto cinco desta resolución.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes do procedemento PR473A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR471A e PR472A).

Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta Resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21.4.2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril)
Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Requisitos de participación
1. Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
2. Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender o público en calquera delas.
e) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto quinto desta resolución.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA CURSO DE ACTUALIZACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA FUNCIÓN DIRECTIVA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Co obxecto de convocar o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva, resolvo anunciar:

Primeiro
Que no portal web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a Resolución do 27 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.
Segundo
Que o prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro
Que a presentación e xestión de solicitudes de participación se realizará a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe.

lunes, 2 de noviembre de 2020

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSIÓN 2020

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de outubro de 2020 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 20 de novembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342A).

BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS 2020

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 23 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020 (código de procedemento PL500E).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.