viernes, 30 de mayo de 2014

SUBVENCIÓN A PROXECTOS E MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, ás universidades, ás empresas e organizacións empresariais, aos sindicatos e ás comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación, para a execución de proxectos no exterior.
2. Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xuño de 2014.

martes, 27 de mayo de 2014

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto :
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos.
Persoas beneficiarias:
1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:
– Ter 30 ou máis anos de idade na data da presentación da solicitude.
– Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
– Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
– Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará ás persoas traballadoras autónomas colaboradoras.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
Prazo de solicitude:  O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo comezará o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO XOVES MENORES DE 30 ANOS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas xoves desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive.
Persoas beneficiarias:Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas xoves desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:
– Ter menos de 30 anos de idade na data da presentación da solicitude.
– Darse de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
– Non ter percibido subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
– Non ter desenvolvido como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin ter estado de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia no nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará á persoa traballadora autónoma colaboradora.
 A persoa traballadora autónoma ou por conta propia poderá ser beneficiaria das axudas deste programa cando forme parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que a solicite a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
Prazo de solicitude: O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo para xoves menores de 30 anos comezará o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.

lunes, 26 de mayo de 2014

EPOCAS HÁBILES DE CAZA, MEDIDAS DE CONTROL POR DANOS E REXIMENES ESPECIAS POR ESPECIE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto: Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2014-2015, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2014 e o 31 de xullo do ano 2015.

Período hábil para a caza: O período hábil xeral para exercer a caza na Comunidade Autónoma de Galicia será o comprendido entre os días 19 de outubro de 2014 e o 6 de xaneiro de 2015, ambos inclusive, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta resolución. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta resolución, así como nas limitacións sinaladas no título V desta resolución.
Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor, autorízase a caza sementada de paspallás e perdiz, coas limitacións temporais establecidas no punto 1 do artigo 45 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Igualmente, poderase autorizar a caza sementada de coello de monte e faisán.

jueves, 22 de mayo de 2014

BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:

Destino
Localidade
País
Universidade de Barcelona
Barcelona
España
Universidade Complutense de Madrid
Madrid
Universidade de Granada
Granada
Universidade do Algarve
Faro
Portugal
Universidade de Padua
Padua
Italia
Universidade de Roma «La Sapienza»
Roma

Requisitos
Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
– Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
– Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.
– Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.
– Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Titulación académica:
– Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués.
• Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
• Grao en Lingua e Literatura Españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Lingua e Literatura Modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus/modalidade mixta en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
– Poderán solicitar as prazas localizadas en Italia aqueles que estean en posesión das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acrediten 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
• Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acrediten 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
2. Tamén poderán participar os lectores ou lectoras de lingua, literatura e cultura galegas que, antes de rematar o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derive da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.
3. Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectores de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 16.
Prazo de solicitude: ata o 23 de xuño de 2014

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para actividades desenvoltas dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Prazo de solicitude: ata o 23 de xuño de 2014.