viernes, 12 de noviembre de 2021

AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS ÁS AXENCIAS DE VIAXE PARA O MANTEMENTO DO ESTABLECEMENTO. 2ª CONVOCATORIA

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 2 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe para o mantemento do establecemento e se anuncia a súa segunda convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU983F).

AMPLIACIÓN PRAZOS EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E DE RESTAURACIÓN

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021 pola que se amplían os prazos de execución e xustificación previstos na Resolución do 15 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).


MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTIS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES PRIVADAS DE INICIATIVA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

jueves, 11 de noviembre de 2021

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA 2021 Á PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se convoca, para o ano 2021, a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A).

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DOUTORAMENTOS INDUSTRIAIS

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E LANZAMENTO DE PLATAFORMAS DE MARKETPLACE PARA PRODUTOS AGROALIMENTARIOS NO MEDIO RURAL,2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).