martes, 9 de noviembre de 2021

JORNADA DE EMPRENDIMIENTO JUVENIL EN EL MEDIO RURAL EN LA TEMÁTICA DE NEGOCIOS DE PROXIMIDAD


 

El próximo 10 de noviembre de 2021 tendrá lugar el encuentro on-line: “Jornada de emprendimiento juvenil en el medio rural en la temática de negocios de proximidad”

La jornada va dirigida a aquellas personas, en especial a los jóvenes, que estén interesadas en emprender en el medio rural en negocios vinculados a la temática de negocios de proximidad, así como a todas aquellas entidades y profesionales que tengan interés en este tema.

En este encuentro se contará con la participación de experiencias provenientes de las comunidades autónomas de Aragón, Castilla y León y Castilla-La Mancha, con el objetivo de conocer proyectos y buenas prácticas impulsadas por jóvenes en negocios de proximidad, e intercambiar experiencias y servir de conexión entre personas jóvenes emprendedoras y expertos. Es una oportunidad para difundir las vivencias personales, así como para crear redes colaborativas.

Para participar, podéis inscribiros accediendo al formulario de inscripción en el siguiente enlace hasta el próximo día 8 de noviembre de 2021 incluido.

¡Esperamos vuestra asistencia!

AXUDAS Á REALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS NO SECTOR RESIDENCIAL

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

Finalidade
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).
2. Mediante esta resolución convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de incentivos 6: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

Beneficiarios
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, en concreto, os seguintes:
1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:
a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
b) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, que acrediten a posta á disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que tal actividade, no caso de xerar algún rendemento económico, se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de Estado, sen prexuízo da aplicación do resto de disposicións tanto de dereito nacional como da Unión Europea, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de recuperación e resiliencia como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
c) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, caso en que deberán estar dados de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e as axudas que perciban estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
d) Comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.
e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, cando se poida excluír a existencia de axuda de Estado. Considerarase que se pode excluír a existencia de axuda de Estado cando estas non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estean considerados servizos de interese económico xeneral, ou cando as medidas carezan de impacto sobre o comercio entre Estados membros ao teren un impacto puramente local. Nestes casos, só poderán recibir axudas destinadas á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública. A dita propiedade pública deberá manterse inalterada durante, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión de axuda correspondente.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión (IN422L) e de solicitudes de axuda (IN422M)
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 477/2021, o 31 de decembro de 2023.
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará, segundo a tipoloxía do proxecto, nas seguintes datas:
− Xeotermia e hidrotermia: o 15 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.
− Aerotermia: o 16 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.
− Biomasa e solar térmica: o 17 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

Prazos de execución e xustificación das actuacións
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.
Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

AXUDAS AO AUTOCONSUMO E AO ALMACENAMENTO NO SECTOR RESIDENCIAL, AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E O TERCEIRO SECTOR.

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Finalidade
A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (códigos de procedemento IN422J e IN422K).
Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, administración pública e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.
Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.
Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

Beneficiarios
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, en concreto, os seguintes:
1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:
a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
b) As entidades locais e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, este último sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
c) As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector, entendendo como entidades ou organizacións do terceiro sector as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
d) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso deberán estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
e) As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.
f) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión –IN422J– e de solicitudes de axuda –IN422K–
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 477/2021, do 31 de decembro de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de decembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

Prazos de execución e xustificación das actuación
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.
Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA EMEGA 2021

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2021 (código de procedemento SI429A).

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN E LANZAMENTO DE PLATAFORMAS DE MARKETPLACE PARA PRODUCTOS AGROALIMENTARIOS NO MEDIO RURAL

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá públicidade do esgotamento de crédito da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

lunes, 8 de noviembre de 2021

SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO 2021 A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR352B).

Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2020 de axentes de emprego e unidades de apoio (código de procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.