martes, 4 de mayo de 2021

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 26 AO 2 DE MAIO


 



 

Volvemos unha semana máis coas novidades da nosa web.

 

 

 


 



 

Sorteo no CIPF A Farixa de Ourense

xuventude.xunta.es

O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense tomaron a iniciativa de sortear entre o alumnado do seu centro que os sigan en...

 

 



 

Últimos días:

A túa opinión é importante: espazo e participación para todos/as

xuventude.xunta.es

Dentro do 8º ciclo do Diálogo da UE coa Mocidade, ponse en marcha unha enquisa en liña co fin de entender mellor as opinións...

O valor universal dos bicos

xuventude.xunta.es

Penélope Alonso, psicóloga do centro Querote+ de Vigo, conversa con Mikel Resa de @sidalava sobre o valor universal dos bicos Podes ver...

O Injuve inclúe varios proxectos de Omix galegas no seu catálogo:

 

 

Terbatulina en concerto

xuventude.xunta.es

Os concertos do 'Galicia Emerxe' son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas 'Noites Temáticas' da TVG2 e, c...

 

"Ruta al exilio"

xuventude.xunta.es

O Instituto da Mocidade (INJUVE), o Observatorio Europeo de Memorias (EUROM) e a Fundación Solidaritat da Universidade de Barcelona coordinan a...

 

Concerto das Letras Galegas: LauraLaMontagne e PicoAmperio

xuventude.xunta.es

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será presencial, o vindeiro...

#Librosparasermoslibres

xuventude.xunta.es

As letras galegas toman as redes da man da Deputación da Coruña e da iniciativa #Librosparasermoslibres Unha parte relevante das celebra...

 

Álbum de Galicia

xuventude.xunta.es

Álbum de Galicia. 538 vidas para contar un país, é a base de datos online do Consello da Cultura Galega na que se recolle a histo...

 

 

 

YouthSpeak Forum

xuventude.xunta.es

Es novo e inquiétache o que sucede ao teu ao redor?, tes algunauna iniciativa que che gustaría compartir?, queres saber máis sobr...



 

 

 

 

 

 

 



Novos cursos de tempo libre: http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/33-cursos-de-tempo-libre

 

 



 

 

 



 

 

 

 



 

Búscanse poetas! XIII Premio de Poesía Nova

xuventude.xunta.es

RTVE, coa colaboración da Fundación Montemadrid, convoca o XIII Premio de Poesía Nova RNE-Fundación Montemadrid para autor...

 

Concurso de Cómics “Ciudad de Cornellà”

xuventude.xunta.es

Volve unha nova edición do Concurso de Cómics “Ciudad de Cornellà”, dirixido a mozos e mozaas de 12 a 30 anos, con tr...

I Concurso de Relato Curto e Microrrelato “Por la igualdad, tu cuentas”

xuventude.xunta.es

O Centro de Información e Asesoramento á Muller ( CIAM) do Concello de Salamanca convoca o I Concurso de Relato Curto e Microrrelato &ld...

 

Aberto o prazo para votar

xuventude.xunta.es

Os poemas finalistas galegos son da autoría de: Ana Romaní, Arancha Nogueira, Carlos Lorenzo/Baldo Ramos, Iria Pinheiro e María L...

XII Certame de Cinema OUFF Escola

xuventude.xunta.es

A Concellaría de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingü&iacut...

 

Inspiraciencia 2021

xuventude.xunta.es

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun...

 

Dóenos a todos

xuventude.xunta.es

A Fundación Mutua Madrileña lanzou a sétima edición do seu concurso nacional en centros de ensino e universidades pola igu...

Nun recuncho da Memoria

xuventude.xunta.es

Afaga Alzheimer convoca o certame de relatos curtos sobre Alzheimer e outras demencias “Nun recuncho da Memoria”. Nesta sétima edic...

 

VII Concurso de Fotografía Reservas da Biosfera

xuventude.xunta.es

A VII Edición do Concurso de Fotografía ten como fío condutor para este ano 2021: “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terra...



Ofertas de emprego:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

 

CURSOS DE MONITOR DE TEMPO LIBRE E COORDINADOR DE TEMPO LIBRE




 

WEB DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 

Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitirnos a organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, mantemos activa a web da Xornada Virtual:  https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ 

Nela atoparán:

  • Vídeoconferencia sobre ABAU E PREINSCRICIÓN
  • Vídeoconferencias de todos os Graos da UDC
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

Polo que  te invitamos a visitala, confiados en que che axudará a tomar unha decisión, para ENTRAR NO FUTURO!

 
 Comentámosche as últimas resolucións publicadas pola UDC que afectan a dous dos nosos Graos:

CURSO DE DIRECTOR/A DE CAMPOS DE TRABALLO

 

Curso de Director/a de Campos de Traballo que imos organizar en Gandarío no mes de maio (ponte das Letras Galegas).

O curso se desenvolverá de maneira intensiva do venres 14 de maio ás 16 h. ata o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 20 h. nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo). Tras estas datas, inclúe 10 h. de formación telemática en diferido en materia de seguros e responsabilidade civil, e 4 horas de presentación dos proxectos o día 22 de maio, de maneira telemática presencial, como peche do curso.

Os requisitos para inscribirse son: estar en posesión do título de Director/a de Tempo Libre e ter experiencia coordinando un equipo de animación no lecer educativo de polo menos 15 días.

prezo da matrícula é de 250 € e inclúe aloxamento e pensión completa durante o intensivo da ponte das Letras Galegas, con facilidades de pago fraccionado. Existe a posibilidade de matricularse sen aloxamento nin mantenza, e o custe da matrícula é de 175€. Coa matrícula do curso expídese certificado de desprazamento para actividades formativas.

É un curso oficial expedido e homologado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e habilita para coordinar equipos de animación e dirixir campos de voluntariado.

Trátase do derradeiro curso oficial de tempo libre, tras o de monitor/a e o de director/a, e ten unha duración de 50 h. teóricas, máis unha fase práctica a desenvolver nalgún campo de voluntariado (a matrícula do curso inclúe a posibilidade de facelas con nós este verán en campos da Campaña de Verán 2021 da Xunta). O curso levarase a cabo con grupo reducido e mantendo as distancias e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias acordes ao momento que estamos a vivir.

CURSO EMPRENDEMENTO, LIDERAZGO E NOVOS MODELOS DE NEGOCIO


Curso que organiza el Concello de Lugo - CEI NODUS y la Fundación INCYDE.

 Se trata de un programa online y totalmente GRATUITO

Duración: 6 semanas. Sólo 10 horas a la semana. Clases ONLINE a través de ZOOM y una hora de tutoría individual a la semana.

Requisitos: Ser menor de 30 años, no estar estudiando ni trabajando y ser BENEFICIARIO/A de garantía juvenil.

 Las inscripciones se pueden realizar en este enlace https://www.incyde.org/ficha/emprendimiento-liderazgo-y-nuevos-modelos-de-negocio/lugo/8b16ebc056e613024c057be590b542eb

o poniéndose directamente en contacto por correo luziarp@hotmail.com o por teléfono 663064806.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DE APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Anguila, Arxentina, Aruba, Bermudas, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Uruguai.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kazakstán, Kuwait, Líbano, Maldivas, Mongolia, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Xordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, Estonia, Eslovenia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Kosovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Montenegro, Polonia, República Checa, Romanía, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína e Xeorxia.

e) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Andalucía, Aragón, Cantabria, Castilla La Mancha, Cataluña, Ceuta, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DATAS DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4.

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

22 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F.

23 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O.

29 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

30 de maio de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

5 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.

6 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

12 de xuño de 2021, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e aula correspondentes.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), unha vez que remate a proba escrita.

Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da COVID-19, co fin de protexer a saúde propia e a dos demais, todas as persoas que se van presentar ás probas deberán respectar as seguintes medidas:
– Tanto o día previo á proba como o día da proba, deberán tomar a súa temperatura e observar se teñen síntomas respiratorios. As que presenten síntomas compatibles coa COVID-19, as que fosen diagnosticadas coa enfermidade e as que estean en illamento ou corentena por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada nos últimos 10 días non poderán acudir á proba.
– Ademais do documento de identificación persoal (DNI, NIE ou pasaporte) e dun bolígrafo, deberán ir provistas de máscara (cirúrxica ou FFP2), que lles tape o nariz e a boca. Recoméndase o uso de xel hidroalcohólico individual, ben que no centro haberá dispensadores de xel para a hixiene das mans.
–Manterán a distancia de seguridade de 1,5 metros.
– Presentaranse na porta de acceso correspondente entre as 8.00 e as 8.45 horas e dirixiranse á súa aula seguindo os sinais establecidos e as indicacións do persoal da organización. Non se permitirá a entrada de acompañantes nin doutras persoas alleas á proba, agás no caso daquelas que precisen asistencia.
– Respectarán todas aquelas outras medidas que se establezan e publiquen na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), co fin de garantir un desenvolvemento seguro de todo o proceso.