miércoles, 13 de marzo de 2019
BASES REGULADORAS OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria para a realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas no exterior, dirixidos ás persoas asociadas galegas e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a organización dos obradoiros as entidades galegas que estean inscritas no Rexistro da Galeguidade dentro das seccións das comunidades galegas, centros colaboradores, federacións ou aquelas entidades que estean en proceso de unión ou fusión.
Excepcionalmente, por resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, poderase conceder a organización dun destes obradoiros a aquelas entidades que, estando incluídas dentro do Rexistro da Galeguidade, non se atopen en ningunha das seccións antes mencionadas, sempre que xustifiquen debidamente que contan cun grupo folclórico consolidado.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
martes, 12 de marzo de 2019
lunes, 11 de marzo de 2019
CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT
AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2019
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.Obxecto
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2019, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2018/19 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Importe
A dotación total para os premios será de 12.000 €.
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
PLAN DE INSPECCIÓN DE COMERCIO DIXITAL DA XUNTA DE GALICIA PARA 2019
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
