miércoles, 26 de marzo de 2025

XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DAS FABAS DE CALIDADE

 


A busca de alternativas produtivas agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización  é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas socias das cooperativas.

 

Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE FABAS, que se desenvolverá o día 4 de abril de 2025 en modo ONLINE ou presencial no C.F.E.A. PEDRO MURIAS, sito en Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo). Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas con producións de FABA e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que nos contarán a súa experiencia na produción de Fabas de Calidade. Achegamos programa previsto.

 

Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE FABA DE CALIDADE é preciso inscribirse previamente nun dos dous enlaces seguintes:

  • Para os que asisten ONLINE, para aceder á conexión deben inscribirse aquí: https://agaca.coop/gl/faba/ Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de inscribirse.
  • Para os que asisten presencialmente á Xornada no C.F.E.A. PEDRO MURIAS, sito en Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo), deben avisar antes do 2 de abril ao correo agaca@agaca.coop Pregamos non se esquezan de avisar ao correo indicado.

XORNADA MEDIOAMBIENTE E COOPERATIVAS


A Unión de Cooperativas AGACA convoca a XORNADA MEDIO AMBIENTE E COOPERATIVAS a celebrar ONLINE o día 2 de abril (mércores). As cooperativas non podemos estar alleas a un evento como é o cambio climático. Por iso, o Consello Reitor de AGACA impulsa esta Xornada coa finalidade de abordar aspectos claves para a estratexia competitiva da produción agrícola e gandeira e os efectos na transformación agroindustrial. Con esta XORNADA pretendemos dar resposta a algunhas cuestións como:

                    Coñecer e aclarar as dúbidas relacionadas coa aplicación do RD 1055/22 de envases e residuos de envases en vigor, da man dunha persoa que coñece a norma en profundidade e mantén contactos diarios cos funcionarios que a puxeron en marcha, e que tamén coñece a tendencia da normativa da UE nesta materia.

                    Como podemos acceder ao financiamento para abordar os investimentos da cooperativa para cumprir coa normativa.

                    Coñecer os obxectivos, organización, recursos, e apoios que as cooperativas e empresas poden recibir da Alianza Galega polo Clima, e que afectan ao sector primario e agroindustrial.

                    Coñecer as últimas investigacións relacionadas cos efectos do cambio climático na gandería e na agricultura galega, polo que recibiremos consellos para adaptarnos aos cambios.

                    Coñecer de primeira man as orientacións e posibles colaboracións que dende SIGFITO poden ofrecer aos agricultores, gandeiros e ás cooperativas agroalimentarias de Galicia, en base á nova normativa de envases e resíduos de envases.

                    Coñecer os apoios públicos e as iniciativas empresariais públicas de economía circular e de sostibilidade de interese do sector primario e agroalimentario.

                    Coñecer o proxecto de Centro de Agrocompostaxe da comarca do Salnés, unha acción ambiental impulsada pola cooperativa Martín Codax.

 

A mellora da competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario pasa por ter unha visión global do cambio climático e as estratexias que se deseñan para abordalo con éxito. Para desenvolver esta Xornada, AGACA conta co apoio da Rede Eusumo. Dende AGACA promovemos accións de asesoramento de tipo estratéxico que pretende impulsar e consolidar ás cooperativas socias. Achegamos o programa previsto.

 

Todas as persoas que desexan assistir, pregamos inscríbanse no seguinte enlace antes do 1 de abril: https://us06web.zoom.us/meeting/register/uotoEC8kR32Sj2_b8AVagQ#/registration

 

É imprescindible inscribirse para recibir posteriormente o enlace á XORNADA, xa que se trata dunha XORNADA ONLINE.

 

Agardamos que sexa do seu interese informarse e orientarse nestas áreas de cambio climático e cooperativas.

 

jueves, 20 de marzo de 2025

II EDICIÓN IMPULSA TU FUTURO

 Este evento es una oportunidad única para personas en búsqueda de empleo, prácticas o becas, así como para quienes desean emprender. Nuestro objetivo es impulsar el ODS 8, fomentando el empleo digno y el crecimiento económico en nuestro entorno.

Fecha: 27 de marzo

Lugar: Centro UNED A Coruña

A lo largo de la mañana, los/las asistentes podrán participar en diferentes actividades, presenciales, online y en diferido:

Stands informativos en el hall del centro

Jornadas “Impulsa tu futuro”

Actividades y dinámicas a lo largo de toda la mañana: Talleres LEGO, Explora Europa, El talento nos une, Match de oportunidades, etc..

Todas las personas interesadas/os, pueden acceder a la información completa del evento y cursar sus inscripciones a través del siguiente enlace: Enlace al evento


jueves, 6 de marzo de 2025

XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: PRODUCIÓN DE CASTAÑA

 





A busca de alternativas produtivas agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización  é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas socias das cooperativas.

 

Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE CASTAÑA, que se desenvolverá o día 25 de marzo de 2025 en modo ON LINE. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas con producións de castaña e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que nos contarán a súa experiencia na produción de Castaña. Achegamos programa previsto.

 

Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE CASTAÑA é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace https://agaca.coop/abre-la-inscripcion-a-la-jornada-sobre-produccion-de-castana-del-25-de-marzo/

 

Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar.