AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense), que se xuntan a esta resolución como anexo I, co código de procedemento MR711C.
2. Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a presentación e selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense).
3. Aprobar os anexos que se xuntan a esta resolución para a xestión da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes coas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo será de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).
Para o cómputo dos prazos observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de resolución da convocatoria
O prazo para ditar resolución expresa e notificala será de cinco (5) meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. A persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.
Información
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
a) Na páxina web da Agader: http://agader.xunta.gal
b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
c) No teléfono 881 99 71 93 (Agader).
d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 881 99 71 93.