jueves, 8 de julio de 2021

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CO XACOBEO

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a participación no programa Conecta co Xacobeo (código de procedemento PR938A).


Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta co Xacobeo para o ano 2021. A finalidade deste programa é promover que persoas vinculadas ás entidades galegas do exterior fomenten os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución convocar estas axudas para o ano 2021.


Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Non poderán ser beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Cada entidade galega poderá solicitar a participación do número de persoas que aparecen reflectidas nos anexos A e B desta orde, segundo estean asentadas en países de Europa ou comunidades autónomas de España. Unha vez rematado o prazo de solicitudes, a entidade solicitante non poderá propor a participación doutras persoas diferentes ás indicadas na solicitude.
3. A idade das persoas propostas por cada entidade galega para participar no programa estará comprendida entre os 18 e os 64 anos de idade, deben poder valerse por si mesmas e realizar con normalidade as actividades do programa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.