lunes, 19 de julio de 2021

PRAZAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA TEMPADA 2021/22

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR952A).

Obxecto
Establecer, mediante o procedemento con código PR952A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de prazas para o CGTD co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas deportistas con nacionalidade española que estean en posesión da licenza deportiva na modalidade para a cal presenta a solicitude. Para o grupo de tecnificación deberán pertencer a un club deportivo galego ou SAD dado de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e estar empadroadas nun municipio galego, así como ter ascendido de curso en 2021.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.