martes, 13 de julio de 2021

PROGRAMA CONECTA COVID

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852D e IN852E), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

(Código de procedemento IN852D-empresas)

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación no marco do programa Conecta COVID para proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (liña 1) que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.
Nestes proxectos poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.
Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de Innovación: DIHGIGAL e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
No marco do dobre obxectivo que deberán ter os proxectos, facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital favorecendo a recuperación económica de Galicia, estes ademais terán que:
• Estar orientados ao apoio ás pemes galegas. As empresas grandes, sempre que exerzan un efecto tractor sobre as pemes, poderán acceder a estas axudas. Este efecto tractor deberá xustificarse.
• Contribuír á transición/transformación dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación dixital: DIHGIGAL e Datalife. Neste senso, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais a que se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
• Estar orientados ao mercado e á mellora da competitividade das pemes galegas, especialmente nos sectores máis castigados pola crise da COVID-19, permitindo unha implementación e posta en marcha de resultados concretos no tecido galego.
• De xeito complementario, tamén será tida en conta a contribución dos proxectos con outros ámbitos estratéxicos como a transición verde da economía galega, así como a integración dun enfoque da I+D+i «con» e «para» as persoas, no marco da innovación responsable, en liña cos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) e en que a perspectiva de xénero estea incluída.
Ademais os proxectos:
• Poderán desenvolverse de xeito individual ou en colaboración efectiva formando unha agrupación. O seu orzamento mínimo será de 150.000 euros e o máximo de 1.000.000 €.
• Ser anuais ou plurianuais e nunca estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude. Os proxectos non poden terse iniciado antes do 1 de febreiro de 2020.
No artigo 3 inclúese o detalle do resto de requisitos que deberán cumprir os proxectos.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
• As empresas pequenas, medianas ou grandes.
• As. agrupacións de empresas e de empresas ou organismos de investigación, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, cando realicen proxectos de I+D+i en colaboración.
As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

(Código de procedemento IN852D-organismos de investigación)

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación no marco do programa Conecta COVID para proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (liña 1) que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.
Nestes proxectos poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.
Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación: DIHGIGAL e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
No marco do dobre obxectivo que deberán ter os proxectos, facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital favorecendo a recuperación económica de Galicia, estes ademais terán que:
• Estar orientados ao apoio ás pemes galegas. As empresas grandes, sempre que exerzan un efecto tractor sobre as pemes, poderán acceder a estas axudas. Este efecto tractor deberá xustificarse.
• Contribuír á transición/transformación dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación dixital: DIHGIGAL e Datalife. Neste senso, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
• Estar orientados ao mercado e á mellora da competitividade das pemes galegas, especialmente nos sectores máis castigados pola crise da COVID-19, permitindo unha implementación e posta en marcha de resultados concretos no tecido galego.
• De xeito complementario, tamén será tida en conta a contribución dos proxectos con outros ámbitos estratéxicos como a transición verde da economía galega, así como a integración dun enfoque da I+D+i «con» e «para» as persoas, no marco da innovación responsable, en liña cos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) e na cal a perspectiva de xénero estea incluída.
Ademais os proxectos:
• Poderán desenvolverse de xeito individual ou en colaboración efectiva formando unha agrupación. O seu orzamento mínimo será de 150.000 euros e o máximo de 1.000.000 €.
• Ser anuais ou plurianuais e nunca estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude. Os proxectos non poden terse iniciado antes do 1 de febreiro de 2020.
No artigo 3 inclúese o detalle do resto de requisitos que deberán cumprir os proxectos.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
• Organismos de investigación e difusión de coñecementos cando participen en proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental en colaboración efectiva con empresas, nos termos previstos no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01). A axuda recibida non pode destinarse ao financiamento de actividades de natureza económica.
As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 (Código de procedemento IN852E)
 
Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación, no marco do programa Conecta COVID, para proxectos de innovación en produto (liña 2) que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.
Nestes proxectos poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.
Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación: DIHGIGAL e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais a que se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
No marco do dobre obxectivo que deberán ter os proxectos, facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital favorecendo a recuperación económica de Galicia, estes ademais terán que:
• Estar orientados ao apoio ás pemes galegas. As empresas grandes, sempre que exerzan un efecto tractor sobre as pemes, poderán acceder a estas axudas. Este efecto tractor deberá xustificarse.
• Contribuír á transición/transformación dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación dixital: DIHGIGAL e Datalife. Neste senso, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais a que se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.
• Estar orientados ao mercado e á mellora da competitividade das pemes galegas, especialmente nos sectores máis castigados pola crise da COVID-19, permitindo unha implementación e posta en marcha de resultados concretos no tecido galego.
• De xeito complementario, tamén será tida en conta a contribución dos proxectos con outros ámbitos estratéxicos como a transición verde da economía galega, así como a integración dun enfoque da I+D+i «con» e «para» as persoas, no marco da innovación responsable, en liña cos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) e na cal a perspectiva de xénero estea incluída.

Ademais, os proxectos:
• Poderán desenvolverse de xeito individual ou en colaboración efectiva formando unha agrupación. O seu orzamento mínimo será de 150.000 euros e o máximo de 1.000.000 €.
• Ser anuais ou plurianuais e nunca estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude.
No artigo 3 inclúese o detalle do resto de requisitos que deberán cumprir os proxectos.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
• As empresas pequenas, medianas ou grandes.
• As agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, cando realicen proxectos en colaboración.
As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda, e deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.