CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder ser beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos na letras a) e c) do artigo 2.1 da Orde do 27 de maio de 2021 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro de Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de setembro de 2021.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no seu artigo 2, que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021.