viernes, 16 de julio de 2021

AXUDAS 2021 ÁS ASOCIACIÓN DE PERSOAS CONSUMIDORAS DE GALICIA PARA ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN EN MATERIA DE SOBREENDEBEDAMENTO

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2021 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia se sobreendebedamento (código de procedemento CO400C).

Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas consumidoras e usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado deade o día seguinte ao da súa publicación no DOG.