miércoles, 20 de enero de 2021

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DO BONO DO ALUGUEIRO SOCIAL

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482B).


Obxecto
1. Convocar as axudas do Programa do bono de alugueiro social, para o ano 2021, con financiamento plurianual, que se tramitarán cos códigos de procedemento VI482A e VI482B.
2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as previstas no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa durante o ano 2019, 2020 e 2021, coa excepción das sinaladas no artigo 2.1.h) das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.
2. As persoas beneficiarias deste programa e que non perderan o dereito mediante a oportuna resolución poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, se é o caso, a extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, se é o caso, da prórroga que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte.
3. As persoas que á data da publicación desta convocatoria xa tiveran desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución.