jueves, 21 de enero de 2021

AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRA (ADSG)

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2021-2022 (código de procedemento MR237B).

Obxecto
1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde.
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural, co código de procedemento administrativo MR237B.
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2021-2022 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, por tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadoiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non estar suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.