viernes, 29 de enero de 2021

AXUDAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR 2021

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2021 (código de procedemento PR925A).

Obxecto
O obxecto desta resolución é establecer un programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social, para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

Persoas beneficiarias
1. As persoas emigrantes galegas e os seus fillos/as con 18 anos feitos, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 da resolución.
Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que nacesen en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as con dezaoito (18) anos feitos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados/as a calquera concello galego no padrón de españois residentes no exterior (PERE).
2. Os/as netos/as de persoas emigrantes galegas, con dezaoito (18) anos feitos, que teñan a condición de persoas galegas residentes no exterior, con nacionalidade española, que se encontren vinculados/as a calquera concello galego no PERE e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos números 1 e 2, poderán ser, por unha vez, persoas beneficiarias das axudas previstas no artigo 5 o seu cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga ou os/as fillos/as da persoa falecida, a condición de que non transcorresen máis de quince meses desde a morte e a persoa falecida fose beneficiaria nalgunha das dúas últimas convocatorias deste programa.
4. Os/as fillos/as e netos/as de persoas emigrantes galegas deberán ter a nacionalidade española, cando menos cun ano de antigüidade, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco (35) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.