jueves, 21 de enero de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES COLABORADORAS DA REDE EUSUMO PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL 2021-2022

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR811A).


Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Entidades beneficiarias
– As asociacións de entidades de economía social.
– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
– As cámaras de comercio.
– As universidades.
– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.