miércoles, 13 de enero de 2021

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO ERASMUS +

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE


ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2020/21 (código de procedemento ED417A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos durante o curso 2020/21.

Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 891.000 €.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no Programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
No caso de existir remanente de crédito, unha vez distribuída pola comisión avaliadora a contía uniforme establecida no artigo 4.3 en función dos grupos de países determinados no Programa Erasmus+, adxudicarase entre as persoas solicitantes que posúan unha nota media igual ou superior a 7 puntos unha contía uniforme de 500 euros, comezando desde os expedientes con maior nota media.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.