CONSELLERÍA DE SANIDADE
Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios
De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de teren estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:
a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano: Aruba, Belice, Bermudas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, Illas Malvinas, Illas Virxes, El Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Saint Martin.
c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kyrguistán, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Vietnam e Xordania.
d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Albania, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Belarús, Bosnia, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Francia, Holanda, Hungría, Italia, Jersey, Latvia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Romanía, Rusia, San Mariño, Serbia, Suíza, Suecia, Turquía, Ucraína, Xeorxia e Xibraltar.
e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Polinesia Francesa.
f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Baleares, Castilla-La Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Extremadura, Madrid, Melilla e La Rioja.
Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.
Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Baleares, Castilla-La Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Extremadura, Madrid, Melilla e La Rioja.
Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.
Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.