viernes, 6 de febrero de 2026

SUBVENCIÓNS A PARTICULARES PARA A RENOVACIÓN DE SISTEMAS DE SANEAMENTO 2026

 Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU300C).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que conten cun sistema de saneamento que non cumpra os rendementos de depuración previstos no artigo 4 desta resolución e teñan a autorización de vertedura, ou a solicitasen antes da finalización do prazo de xustificación da subvención, para un sistema de depuración autónomo dunha vivenda unifamiliar instalado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 16 de febreiro de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 16 de marzo de 2026.