Consellería de Economía e Industria
Obxecto
Estas bases reguladoras teñen por obxecto apoiar a implementación de accións de posicionamento das empresas galegas nos ámbitos da defensa e a seguridade mediante accións de obtención de certificacións específicas, inscrición no Rexistro de Empresas da Dirección Xeral de Armamento e Material (DGAM), homologación de sistemas e produtos, obtención de autorizacións de seguridade e elaboración de propostas de proxectos para participar en convocatorias nacionais ou europeas co obxectivo de preparar as empresas galegas no seu avance ou diversificación cara a converterse en entidades capaces de fornecer bens ou servizos nos ámbitos da defensa e a seguridade.
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias das axudas serán as empresas privadas (persoas xurídicas) con personalidade xurídica que realicen actividade económica e conten con centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, e que inicien os pasos obrigatorios para aproveitar a diversificación en materia de defensa e seguridade coas certificacións, homologacións e/ou habilitacións necesarias para iso.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo finalizará ás 14.00 horas do día en que se cumpran os tres meses desde a apertura, excepto cando se produza o esgotamento do crédito.
Para cobrar a subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar electronicamente, no prazo máximo do 15 de novembro de 2026 os gastos correspondentes á anualidade 2026, e ata o 15 de outubro de 2027 os gastos relativos ao ano 2027, a través da documentación xustificativa da subvención.