martes, 10 de febrero de 2026

PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: EMPRÉGATE (INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA) 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR342C).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 as axudas establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
A orde regula o programa Galicia Suma Talento: Emprégate (código de procedemento TR342C), de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
e) Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, salvo para subscribir contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.