viernes, 6 de febrero de 2026

MELLORA DAS INSTALACIÓNS DAS COMUNIDADES DE USUARIOS DE ABASTECEMENTO PARA O CONSUMO HUMANO 2026

 Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a mellora das instalacións das comunidades de usuarios de abastecemento para o consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU232A).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a mellora das instalacións das comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU232A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as comunidades de usuarios coa finalidade de abastecemento de auga para consumo humano legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas previsións do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 16 de febreiro de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 16 de marzo de 2026.