Axencia Instituto Enerxético de Galicia
Obxecto
Concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.
Persoas beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:
a) As empresas legalmente constituídas e autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2025, ás 23.59 horas.
As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.