martes, 14 de enero de 2025

SUBVENCIÓNS PARA LABORATORIOS, INCUBADORAS E RESIDENCIAS DE CREACIÓN OU DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS 2025

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215E).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais e se convocan para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións as persoas xurídicas privadas con actividade habitual en Galicia, promotoras e xestoras de laboratorios, incubadoras ou residencias orientadas ao asesoramento e impulso de proxectos audiovisuais e cuxos estatutos recollan, no seu obxecto social, aspectos directamente vinculados ao ámbito audiovisual e cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.