Axencia Instituto Enerxético de Galicia
Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:
Sector servizos-sección CNAE 2009 División
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento 49 a 53
Sección I: hostalaría 55 a 56
Sección J: información e comunicacións 58 a 63
Sección K: actividades financeiras e de seguros 64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias 68
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas 69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares 77 a 82
Sección P: educación 85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais 86 a 88
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento 90 a 93
Sección S: outros servizos 94 a 96
2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Contía da axuda
1. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000,00 euros por solicitude. A axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético non computará para os efectos deste límite, e virá limitada polos custos elixibles máximos establecidos no artigo 2.
3. O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 300.000,00 euros durante calquera período de tres anos previos.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o sétimo (7º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas, e rematará o 25 de xuño de 2025, ás 23.59 horas.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 1 de outubro de 2025.