jueves, 4 de marzo de 2021

VARIACIÓN DO TIPO DE XURO DURANTE 2021 PARA OPERACIÓNS ACOLLIDAS AO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO E CIRCULANTE CON FONDOS DO BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se publica a variación do tipo de xuro durante o exercicio 2021 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2021 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG nº 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG nº 209, do 3 de novembro) será do -0,453 %.