lunes, 15 de marzo de 2021

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA I DE AXUDAS Á PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓ DO EMPREGO AUTÓNOMO DA ORDEN DO 30 DE DECEMBRO DE 2019

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa I da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro).

Primeiro. A Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro), establece no seu artigo 4.2 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora, segundo o artigo 4.3.

Segundo. A Orde do 30 de decembro de 2019 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:
Programa I: aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0 cun crédito de 12.250.000 €.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a última solicitude a que se puido conceder a axuda antes do esgotamento do crédito foi a TR341D/2020/1509-5 presentada na sede electrónica o día 12 de agosto de 2020 ás 9.57 horas.
En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Emprego e Igualdade,

RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0, ao abeiro do Programa I da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas á promoción do emprego autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, con data do 12 de agosto de 2020, ás 9.57 horas.