ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Código: CV21023.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.
Obxectivos.
Proporcionar a formación que establece o anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
Destinatarios/as.
Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h.
Edicións: unha.
Datas: do 20 de abril ao 17 de xuño de 2021.
Proba final: o día 17 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela (Rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas). A elección dunha ou outra forma de realización das probas dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.
Prazas: 100.
Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.30 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.