miércoles, 10 de marzo de 2021

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS DE TITULARIDADE PRIVADA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2021

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402D).

Finalidade
Establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2021.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder as axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades, que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2021, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugueiro ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizaran un mínimo de 30 representacións no ano 2020.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.