jueves, 25 de marzo de 2021

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

 AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.

Contidos da proba
1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE número 109, do 7 de maio).
2. A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de Autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
Prazas convocadas, datas, lugar e horario
1. As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Ames

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10.00

7

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10.00

10

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10.00

10

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10.00

10

Vimianzo

Coruña, A

Mércores, 5 de maio

10.00

6

Barreiros

Lugo

Mércores, 5 de maio

10.00

6

Lugo

Lugo

Mércores, 5 de maio

10.00

8

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10.00

6

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10.00

9

Vilagarcía

Pontevedra

Mércores, 5 de maio

10.00

10

Ames

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10.00

7

Boiro

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10.00

10

Oroso

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10.00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10.00

8

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

10.00

8

Monterroso

Lugo

Xoves, 6 de maio

10.00

10

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

8

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

9

Lalín

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

7

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

12

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

6

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

10.00

6

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16.00

10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16.00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16.00

8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16.00

12

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 6 de maio

16.00

9

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 6 de maio

16.00

4

Barco, O

Ourense

Xoves, 6 de maio

16.00

6

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16.00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16.00

8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16.00

7

Vigo

Pontevedra

Xoves, 6 de maio

16.00

6

Ames

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

7

Betanzos

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

10

Boiro

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

10

Brión

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

6

Cerceda

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

4

Fisterra

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

5

Oroso

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 7 de maio

10.00

4

Carballedo

Lugo

Venres, 7 de maio

10.00

3

Guitiriz

Lugo

Venres, 7 de maio

10.00

14

Celanova

Ourense

Venres, 7 de maio

10.00

9

Marín

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10.00

9

Poio

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10.00

5

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 7 de maio

10.00

12


3. As previsións establecidas neste calendario poderán ser modificadas á vista das recomendacións que realicen as autoridades sanitarias da comunidade autónoma en función da evolución da pandemia da COVID-19.2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros

Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante. Serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.