jueves, 4 de marzo de 2021

APERTURA DE PRAZO ADICIONAL DE ENTRADA COMO CANDIDATO Á BASE DE DATOS PROFESIONAIS 4.0

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se abre un prazo adicional de entrada como candidato á base de datos Profesionais 4.0.

Mediante a Resolución do 29 de xullo de 2019 (DOG nº 148, do 6 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para a incorporación de novos titulados a actividades de mellora competitiva das empresas (programa Profesionais 4.0), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2019 en réxime de concorrencia competitiva.

No seu artigo 1.4.a), as bases reguladoras establecen que os contratos obxecto de subvención deberán formalizarse entre os candidatos que formen parte da base de datos de candidatos Profesionais 4.0, accesible no enderezo http://www.igape.es/profesionais4.0. Indica tamén o devandito artigo que o acceso como candidato a esta base de datos estará aberto en todo momento a partir da publicación no DOG da convocatoria destas bases reguladoras, e pecharase o día de publicación da resolución, ben que poderán abrirse prazos adicionais de entrada como candidato á base de datos, que serán obxecto de resolución da Dirección Xeral do Igape e publicados no DOG. O artigo 1.4.h) permite a substitución do persoal obxecto da axuda, sempre que se respecten as condicións iniciais de contratación.

Co fin de facilitar a substitución de persoas contratadas, de acordo co establecido nas bases reguladoras

RESOLVO:

Abrir un prazo adicional de alta de candidatos na base de datos do programa Profesionais 4.0, que se estenderá ata o 17 de setembro de 2021, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.