CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Obxecto
1. Establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e realizar a súa convocatoria para 2021, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas viticultoras e futuros viticultores cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.
2. Non poderán ser beneficiarios:
a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.
b) Aquelas persoas viticultoras que renunciasen á axuda dunha operación solicitada en convocatorias anteriores no marco do PASVE 2019-2023, unha vez aprobada, excepto que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.
c) Aquelas persoas viticultoras que non solicitasen o pagamento dunha operación, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.
Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.