INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Mediante a Resolución do 15 de xuño de 2018 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (DOG núm. 120, do 25 de xuño).
No punto terceiro do resolvo establécense os créditos dispoñibles para as convocatorias 2018.1 e 2018.2, e que, no caso de remanente de crédito da primeira convocatoria, se incrementará o crédito da segunda convocatoria mediante modificación desta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Na Resolución do 15 de xuño de 2018 (DOG núm. 120, do 25 de xuño) o crédito dispoñible para a primeira convocatoria ascendía a 2.000.000 €, dos que se comprometeron 1.208.394,56 €, do que resulta un remanente de 1.791.605,44 €.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único.
Modificar os créditos da convocatoria 2018.2 das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (DOG núm. 120, do 25 de xuño), que queda do seguinte xeito:
Convocatoria Partida orzamentaria Ano 2019 Ano 2020
2018.2 09.A1.741A.7704 1.253.035,95 € 538.569,49 €