martes, 5 de agosto de 2025

PROGRAMA FORMO TALENTO AGACA

 

AGACA, a través do proxecto POCTEP ES-FACTORY, convoca 2 prazas para a realización de estancias formativas en cooperativas, con unha formación teórica previa.

O Programa de Bolsas Xerenciais ofréceche a oportunidade de acoller gratuitamente na cooperativa a unha persoa con titulación universitaria para realizar unha formación práctica en cooperativas durante 6 meses, a razón de 25 horas semanais, de luns a venres, en modalidade presencial. Os custos laborais son soportados por AGACA quen realizará unha actividade formativa das persoas en prácticas previo a ser acollida na cooperativa.

Este programa está deseñado para dar resposta ás necesidades detectadas de perfís profesionais en postos de dirección e Xerencia das entidades de economía social, e se enmarca dentro das actuación a desenvolver no ámbito do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A finalidade do Programa é mellorar a xestión das cooperativas, abordando procesos de mellora das organizacións, á vez que se mellora a empregabilidade das persoas participantes e a súa capacitación mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias. Neste senso, As persoas que participen neste programa poden axudarvos na cooperativa ao desenvolvemento de área emerxentes tanto a nivel de innovación, dixitalización da empresa, márkting, proxectos de economía verde, sostibilidade, etc.

A persoa bolseira e a cooperativa conta ademais co apoio da mentoría e titorización de AGACA, apoiando as súas necesidades e demandas para o mellor desenvolvemento do programa.

🔑Qué che ofrecemos?
Estancia dunha persoa con titulación de Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra relacionada coa xestión empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na xestión empresarial e no desenvolvemento social.

Mentoría e capacitación continua da persoa en formación.

Apoio económico para a persoa en formación e seguro de RC.

 

A quen está dirixido? A persoas con titulación de Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra relacionada coa xestión empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na xestión empresarial e no desenvolvemento social.

 

 📆 Prazo de inscrición: ata o día 20 de agosto de 2025
✍️ Formulario de inscrición: https: //forms.gle/74Q9yoSrE7AnxEqC6

 

Para calquera consulta / aclaración, poñédevos en contacto con Loli Couso, tlf 609070135, loli@agaca.coop