lunes, 18 de agosto de 2025

AXUDAS DO PROGRAMA DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN 2025

 Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

Obxecto da convocatoria
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación, no marco do Programa de unidades mixtas de investigación, mediante as seguintes modalidades:
• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.
• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.
• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.
Estas axudas teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento de proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre os centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Así mesmo, mediante esta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Entidades beneficiarias
Serán entidades beneficiarias as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas das cales polo menos unha debe ser unha peme, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.
No marco desta resolución, consideraranse organismos de investigación:
– Os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
– As universidades públicas do Sistema universitario galego.
– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
– As fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia.
–Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

Prazo das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de setembro de 2025, e deberá cumprirse o prazo mínimo dun mes.