lunes, 11 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE INVESTIMENTOS EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
Apoio á creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias ben mediante a creación, ampliación e modernización das unidades de produción no medio rural.
Persoas beneficiarias
a) Pequenas empresas, segundo a definición que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.