AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Obxecto
Fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaborar na organización de procesos de traballo conxuntos e compartir recursos de cara ao desenvolvemento e á comercialización do turismo.
Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia.
Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:
a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.
– Camiño de Santiago.
– Bosques de Galicia (natureza).
– Mananciais de Galicia (termalismo).
– Paseando entre viñedos (enogastronomía).
– Turismo mariñeiro.
– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).
– Faros e praias salvaxes.
– Patrimonio oculto.
– Santuarios máxicos.
b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.
c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo senior.
d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».
e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.
f) Creación de rutas turísticas innovadoras.
g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.
h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.
Beneficiarias
Epresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de xeito efectivo a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.