miércoles, 27 de abril de 2016

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
O outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que xustificasen ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, polo menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial no cal desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de maio de 2016.