lunes, 4 de abril de 2016

SUBVENCIÓN PROGRAMA REHABILITACIÓN EDIFICATORIA DO PLAN ESTATAL FOMENTO DO ALUGAMENTO VIVENDAS, REHABILITACIÓN EDIFICATORIA, REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS 2013-16

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria para a anualidade 2016.
2. Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e no equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean finalizados antes de 1981.
b) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
c) Que, polo menos, o 70 % das súas vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.
3. Excepcionalmente, admitiranse neste programa os edificios que, sen cumprir as condicións anteriores:
a) Presenten graves danos estruturais ou doutro tipo que xustifiquen a súa inclusión no programa.
b) Se destinen na súa totalidade ao alugamento durante, polo menos, 10 anos, contados desde a recepción da axuda.
4. As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva, a través de convocatoria pública, seguindo a orde de prelación que resulte da valoración prevista nas bases, ata esgotar o crédito dispoñible nesta convocatoria.
Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas propietarias únicas de edificios de vivendas que cumpran os requisitos sinalados no artigo 5 das bases.
2. Cando as persoas beneficiarias sexan persoas físicas, deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, de Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias deberán ter residencia legal en España.
3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogara algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa solicitante.
4. Para o caso de que a persoa solicitante sexa unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán ser cumpridos polos seus membros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes