CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios para a anualidade 2016.
2. Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos dos honorarios profesionais derivados da emisión dun informe de avaliación dos edificios que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e do seu estado de conservación.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as e as agrupacións de comunidades de propietarios/as, legalmente constituídas, así como as persoas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial, que conten co informe de avaliación do edificio na data de presentación da solicitude e que cumpran os demais requisitos sinalados no artigo 4 das bases reguladoras.
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, nin a quen se lle revogase algunha axuda deste ou dos anteriores plans de vivenda por causas que lle fosen imputables.
Contía das subvencións
A axuda consistirá nunha subvención equivalente a unha cantidade máxima