CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Obxecto
A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2016.
A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas/entidades públicas ou privadas serán de 4 horas como mínimo.
O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
Beneficiarios/as
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, que presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:ata o 18 de maio de 2016.