miércoles, 27 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS PARA REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Finalidade
Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2016, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto cuarto desta resolución.
2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 27 de maio de 2016.