AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Obxecto e réxime
Establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución ata o dia 1 de novembro de 2021 (incluído).
Vixencia do programa
1. Este programa estará vixente ata o 15 de decembro de 2021, incluído, data ata a que os beneficiarios da tarxeta prepagamento poderán realizar pagamentos nos establecementos adheridos a este.
2. As tarxetas están sometidas a caducidade e, con carácter xeral, non poderán ser usadas máis aló do 15 de decembro de 2021.
3. Se a persoa beneficiaria da tarxeta non esgota o seu saldo antes do 16 de decembro de 2021, perde todo o dereito sobre el.