martes, 13 de abril de 2021

BASES REGULADORAS DAS NOVACIÓNS PARA O REFINANCIAMENTO DE DÉBEDAS CO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións para o refinanciamento de débedas co Instituto, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).

Publicación e convocatoria das bases reguladoras
Publicar as bases reguladoras das novacións para o refinanciamento de débedas co Igape e convocar para o ano 2021 as devanditas operacións de refinanciamento, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.
b) O 30.12.2021.